Wednesday 15 de May de 2024

Setenta rapaces subiranse ao escenario do Auditorio este domingo con motivo do Festival de Danza Clásica de Riveira


Setenta alumnos da Escola Municipal de Ballet subiranse este domingo 11 de xuño ás 20 horas no Auditorio Municipal con motivo dunha nova edición do Festival de Danza Clásica.

A cita, que está incluída no Xuño da Cultura e as Artes, foi presentada hoxe pola concelleira Herminia Pouso e por Cristina Riveiro como directora do centro formativo.

O festival arrancará ás 20 horas e comprenderá tres partes entre as cales a segunda terá ambiente oriental coa interpretación de “A Bayadera”, obra ambientada na exótica e misteriosa India. A despedida contará cun vals a cargo da profesora Cristina Riveiro.

Ademais, como novidade, a alumna de sexto curso de piano do Conservatorio de Riveira Michelle Pena tocará un par de pezas do filme “Pear Harbor” e o Lago dos Cisnes.

O acceso é libre e gratuíto e poranse as entradas a disposición dos interesados dende media hora antes.